PARAQUASIL

O grupo Interdisciplinar en Tecnoloxía Farmacéutica, Inmunobioloxía Parasitaria e Parasitoses hídricas (PARAQUASIL) está estructurado en dúas unidades ou equipos: a Unidade de Parasitosis Hídricas e a Unidade de Inmunobioloxía Parasitaria, que abordan tanto ámbitos terrestres coma acuáticos. Os investigadores de este grupo abordan unha longa lista de liñas de investigación: Bioloxía de parasitos de peixes; análise da resposta inmunitaria en peixes; interaccións parasito-hóspede; desenvolvemento de métodos de diagnóstico; busca de fármacos con actividade antiparasitaria; desenvolvemento de adxuvantes e vacinas para peixes; caracterización molecular de illados de Cryptosporidium, Giardia e outros protozoos entéricos ; detección de Cryptosporidium e Giardia en augas; avaliación da eficacia de distintos métodos de desinfección na inactivación de Cryptosporidium en auga de bebida e en augas rexeneradas.

Dirección:

Edificio IAQBUS: C/ Constantino Candeira 5, Campus Sur, Santiago de Compostela

Dpt Microbiología-Ud Parasitología, Facultad de Farmacia-USC, Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705 Santiago de Compostela

Compoñentes
Liñas de investigación
  • Bioloxía de parasitos de peixes
  • Análise da resposta inmunitaria en peixes
  • Interaccións parasito-hóspede
  • Desenvolvemento de métodos de diagnóstico
  • Busca de fármacos con actividade antiparasitaria
  • Desenvolvemento de adxuvantes e vacinas para peixes
  • Epidemioloxía de enteroprotozoos parasitos de carácter zoonósico (Cryptosporidium e Giardia) e de outros con importancia en sanidade animal tanto en animais de producción como en fauna salvaxe
  • Desenvolvemento de novos métodos para a detección de Cryptosporidium e Giardia en augas
  • Avaliación de novas tecnoloxías de desinfección para a inactivación de Cryptosporidium en augas de bebida e rexeneradas
Proxectos relevantes
  • I+D de sistemas especializados de liberación de fármacos para el tratamiento de patologías inflamatorias y degenerativas oculares - GENERACIÓN DE CONOCIMIENTO 2022 - Proyectos investigación orientada - FRANCISCO JAVIER OTERO ESPINARASTERIA MARIA LUZARDO ALVAREZ
  • Desenvolvemento de Biomateriais a base de Polisacáridos con Antioxidantes Sintéticos Catalíticos: Innovación no Envasado Activo de Alimentos -BIOPACK-A2 - PATRICIA CAZON DIAZ
  • Desarrollo de un posible tratamiento avanzado para la enfermedad Mucolipidosis tipo II-III - FRANCISCO JAVIER OTERO ESPINAR
Publicacións relevantes
✕