Hipólito Gómez Couso

Profesor(a) Contratado/a Doutor(a)

Grupo de investigación PARAQUASIL | Parasitose Hídricas

Dirección: Parasitologia - Fac Farmacia

Hipólito Gómez Couso é Profesor Contratado Doutor na área de Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, membro do Grupo Interdisciplinar en Tecnoloxía Farmacéutica, Inmunobioloxía Parasitaria e Parasitoses Hídricas e actual Secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Premio Extraordinario de Doutoramento, realizou diversas estadías de investigación en centros europeos con prestixiosos expertos no campo de Cryptosporidium e da desinfección solar da auga de bebida (SODIS): Centre for Infections (Londres, Reino Unido), Istituto Superiore di Sanità (Roma, Italia), Universidade Complutense de Madrid, Plataforma Solar de Almería e Swiss Federal Institute of Aquatic Science and Technology (Dübendorf, Suíza).

Conta cunha ampla experiencia en Cryptosporidium, investigando este parasito de transmisión hídrica en diferentes aspectos: epidemioloxía, diagnóstico, tratamento e desinfección, así como na detección en mostras de auga, ambientais e alimentarias. Participou en 10 proxectos de investigación relacionados con Cryptosporidium e outros protozoos parasitos, en máis de 50 artigos científicos e 100 comunicacións a congresos.

Solicitude de inscripción

Hipólito Gómez Couso