
Couso Pérez, Seila
Profesor(a) Axudante Doutor(a)
Dirección: Parasitología - Fac Farmacia
Profesora Axudante Doutora na área de Parasitoloxía e investigadora principal no grupo de investigación PARAQUASIL (GI-2109) da USC. Tras defender a súa tese doutoral sobre Cryptosporidium e outros parásitos en troitas en 2019, completou a súa formación investigadora realizando estadías postdoutorais na Universidade do Porto (Portugal) e no Nanotechnology and Integrated Bioengineering Centre (NIBEC) da Ulster University (Reino Unido), tras ser beneficiaria dun contrato postdoutoral por concurrencia competitiva no marco das Axudas para a Recualificación do Sistema Universitario Español, modalidade Margarita Salas para a formación de novos doutores (Ministerio de Universidades). A súa investigación céntrase no estudo epidemiolóxico e molecular de protozoos parásitos en mostras hídricas, de animais salvaxes e de produción, así como no desenvolvemento e avaliación de novas tecnoloxías para a detección e desinfección de Cryptosporidium parvum nas augas. A súa produción científica inclúe un total de 18 artigos, 1 capítulo de libro e máis de 50 contribucións a congresos de ámbito nacional e internacional. A súa traxectoria investigadora complétase coa participación como membro do equipo investigador en 7 proxectos de investigación/contratos con empresas tanto nacionais como internacionais.