
Jesús Lamas Fernández
Catedrático/a
Dirección: CIBUS
Jesús Lamas é catedrático de Bioloxía Celular na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación PARAQUASIL (Grupo Interdisciplinar en Tecnoloxía Farmacéutica, Inmunobioloxía Parasitaria e Parasitoses Hídricas).
A súa actividade investigadora céntrase no estudo do sistema inmunitario de peixes, abordando desde aspectos morfofuncionais ata a análise da resposta inmunitaria fronte a patóxenos. De maneira particular, e en colaboración con profesorado de Parasitoloxía, a súa investigación máis recente centrouse nas interaccións entre o ciliado parasito Philasterides dicentrarchi e o sistema inmunitario do rodaballo, analizando ademais diferentes aspectos da bioloxía e fisioloxía celular dos ciliados, os factores de virulencia e o desenvolvemento de vacinas.
É coautor duns 90 artigos científicos en revistas indexadas no JCR, de tres capítulos de libro, e participou como IP1 ou IP2 en proxectos europeos, nacionais, autonómicos e con empresas privadas, así como en redes de investigación. Ademais, é coinventor de tres patentes.