Parasitose Hídricas

A Unidade de Parasitosis Hídricas está composta por profesores e investigadores pertencentes ao grupo PARAQUASIL do Departamento de Microbiología e Parasitología da USC. Este grupo de investigación ten unha ampla experiencia en Cryptosporidium (máis de 30 anos), investigando este parasito de transmisión hídrica en diferentes aspectos, como epidemioloxía, diagnóstico, tratamento e desinfección, e detección en mostras de auga, ambientais e alimentarias. O grupo participou en 10 proxectos de investigación relacionados con Cryptosporidium e outros protozoos parasitos, publicando máis de 50 artigos revisados por pares e presentado ao redor de 100 comunicacións en conferencias e talleres nacionais e internacionais sobre Cryptosporidium e outros parasitos.

Dirección:

Laboratorio de Parasitoloxía, Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, Facultade de Farmacia, Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705 Santiago de Compostela

Compoñentes
Liñas de investigación
  • Epidemioloxía de enteroprotozoos parasitos de carácter zoonósico (Cryptosporidium e Giardia) e de outros con importancia en sanidade animal tanto en animais de producción como en fauna salvaxe
  • Desenvolvemento de novos métodos para a detección de Cryptosporidium e Giardia en augas
  • Avaliación de novas tecnoloxías de desinfección para a inactivación de Cryptosporidium en augas de bebida e rexeneradas
Proxectos relevantes
  • Photo-irradiation and Adsorption based Novel Innovations for Water-treatment (PANIWATER). Horizon2020. https://www.paniwater.eu/
  • Water-Sustainable Point-Of-Use Treatment Technologies (WATERSPOUTT). Horizon 2020. http://www.waterspoutt.eu/
  • Cryptosporidium as a model of emerging waterborne enteropathogen in the evaluation of photocatalytic processes for water regeneration (CRYPTOREGWATER). Ministerio de Economía y Competitividad.
Publicacións relevantes
✕