GIPA

GIPA, o Grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura, ten unha historia de máis de 50 anos traballando en Patoloxía Bacteriana e Viral (fundamental, pero non exclusivamente) de animais acuáticos, tanto en acuicultura como do medio natural. As súas liñas de investigación englobanse en cinco grandes apartados: a) Detección e caracterización de novos patóxenos. b) Análise epidemiolóxica, c) Desenvolvemento de novas estratexias de diagnóstico, d) Desenvolvemento de novas estratexias de prevención e control, e e) Estudo da interacción patóxeno e hospedador, e dos mecanismos de virulencia do axente. Conta con máis de 500 publicacións científicas de alto nivel e unha longa lista de proxectos de investigación rexionais, nacionais e internacionais, 12 deles activos na actualidade, así como tamén unha longa lista de convenios e contratos con empresas e administracións públicas.