Javier Dubert Pérez

Profesor(a) Permanente Laboral

Grupo de investigación GIPA | Patoloxía bacteriana dos moluscos

Dirección: CIBUS

Javier Dubert é científico titular do CSIC en excedencia e profesor titular na USC desde 2023. Tras defender a súa tese doutoral en 2015 (premio extraordinario de doutoramento), desenvolveu a súa actividade investigadora como investigador posdoutoral na Estación Biolóxica de Roscoff (CNRS-Universidade da Sorbona) e no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).

En 2018, regresou á USC como investigador principal no grupo de Patoloxía da Acuicultura (GIPA-1213). Entre os seus principais intereses científicos está o estudo das enfermidades bacterianas en moluscos de interese en acuicultura, centrándose na interacción hóspede-patóxeno (bivalvos-Vibrio spp.) desde unha abordaxe multidisciplinar baseada na microbioloxía, a inmunoloxía e a xenómica. En concreto, a súa investigación céntrase no estudo de: (i) os mecanismos da patoxénese para comprender como e por que un patóxeno bacteriano (Vibrio spp.) crece, prolifera, modula a expresión xénica e, en última instancia, causa enfermidades no hóspede; e (ii) os mecanismos de resistencia do hóspede ás enfermidades. O obxectivo é empregar esta información para desenvolver novas ferramentas biotecnolóxicas para a prevención e o tratamento de enfermidades bacterianas na acuicultura.

É autor de máis de 30 publicacións, incluíndo artigos en revistas de alto impacto como Science e Nature Microbiology, e foi investigador principal en seis proxectos de investigación financiados por diversos organismos públicos. Ao longo da súa carreira investigadora, recibiu diversas bolsas de formación pre e posdoutoral competitivas (Modalidade A e B, Xunta de Galicia; Juan de la Cierva-Incorporación, I3; e Consolidación da Investigación do Ministerio de Ciencia).

Solicitude de inscripción

Javier Dubert Pérez