
Isabel Bandín Matos
Profesor(a) Titular de Universidade
Dirección: IA
A Dra. Isabel Bandín desenvolveu toda a súa carreira profesional vinculada á patoloxía de peixes. Tras realizar a súa tese doutoral sobre unha bacteria patóxena de salmónidos e completar a súa formación con estadías posdoutorais en Escocia e Holanda, centrouse no estudo de diferentes patóxenos virais.
Nos últimos 20 anos coordinou un equipo dedicado á investigación sobre o virus da necrose nerviosa viral (VNN, xénero Betanodavirus), un patóxeno que afecta gravemente á acuicultura mariña do sur de Europa. As numerosas publicacións sobre os mecanismos de virulencia, a epidemioloxía, os métodos de diagnóstico e as estratexias de prevención e control deste virus convertérona nun referente a nivel mundial neste ámbito.
Participou (e participa) en diferentes proxectos de investigación a nivel nacional e internacional. Na actualidade é coordinadora dun paquete de traballo do proxecto Horizon “Curing European Aquaculture by co-creating health and welfare innovations (Cure4Aqua)”, dedicado ao desenvolvemento de vacinas fronte a cinco patóxenos de peixes, entre eles o VNN. Ademais, é avaliadora en diferentes axencias europeas de investigación e membro do consello editorial das revistas Archives of Virology e Animals.