CHROMCHEM

O Grupo de Cromatografía e Quimiometría (ChromChem), fundado polo profesor Rafael Cela en 1988, está formado por profesores e investigadores do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que desenvolven a súa actividade investigadora no Instituto de Investigación en Análises Químicas e Biolóxicas (IAQBUS) pertencente tamén a esta Universidade. Entre as nosas aptitudes e intereses podemos destacar: - Análise medioambiental - Análise de alimentos, en especial no sector do viño e praguicidas - Exposición humana a contaminantes e sustancias de abuso
Dirección:
Rua Constantino Candeira 5 – 15782, Santiago de Compostela
Coordinador/a
Compoñentes
Liñas de investigación
- Desenvolvemento de metodoloxía analítica para a cuantificación de contaminantes orgánicos en mostras de auga, biota, alimentos, lodos de depuradora e outras matrices ambientais.
- Análise cualitativo mediante técnicas de cribado con equipos de cromatografía líquida e gasosa acoplada a espectrometría de masas de alta resolución.
- Aplicación da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicas para a estimación do consumo de drogas de abuso e a exposición humana a contaminantes orgánicos
- Aplicación de ferramentas analíticas en estudos de exposición ambiental e bioacumulación de contaminantes orgánicos en modelos animais
- Estudos de mecanismos e productos de degradación de contaminantes orgánicos mediante tratamentos avanzados
Proxectos relevantes
- "Control, tratamento e redución de microplásticos e contaminantes emerxentes en augas residuais urbanas e no ambiente costeiro transfronteirizo". Interreg VI-A POCTEP. Duración: 01.09.2023–31.08.2026.
- "Avaliación da exposición humana e ambiental a contaminantes químicos de especial relevancia". Programa Retos Sociais 2020. Axencia Estatal de Investigación. Duración: 01.09.2021–31.08.2025
- "Avaliación da presenza e evolución de pesticidas en mostras relacionadas coa viticultura". Transición ecolóxica e dixital PRTR 2022. Axencia Estatal de Investigación. Duración: 01.12.2022–31.11.2024
Publicacións relevantes
- López-Vázquez, J., Rodil, R., Álvarez, E., Alomar, C., Cela, R., Miró, M., Deudero, S., & Quintana, J. B. (2024). Screening of organic chemicals associated to virgin low-density polyethylene microplastic pellets exposed to the Mediterranean Sea environment by combining gas chromatography and liquid chromatography coupled to quadrupole-time-of-flight mass spectrometry. Science of the Total Environment, 922.
- Fernández-Fernández, Ramil, Cela, & Rodríguez. (2023). Occurrence and risk assessment of pesticides and pharmaceuticals in viticulture impacted watersheds from Northwest Spain. Chemosphere, 341.
- Montes, R., Méndez, S., Cobas, J., Carro, N., Neuparth, T., Alves, N., Santos, M. M., Quintana, J. B., & Rodil, R. (2023). Occurrence of persistent and mobile chemicals and other contaminants of emerging concern in Spanish and Portuguese wastewater treatment plants, transnational river basins and coastal water. Science of the Total Environment, 885.
- López-Vázquez, Pérez-Mayán, Fernández-Fernández, Cela, & Rodríguez. (2023). Direct, automated and sensitive determination of glyphosate and related anionic pesticides in environmental water samples using solid-phase extraction on-line combined with liquid chromatography tandem mass spectrometry. Journal of Chromatography A, 1687.
- Castro, V., Montes, R., Quintana, J. B., Rodil, R., & Cela, R. (2020). Determination of 18 organophosphorus flame retardants/plasticizers in mussel samples by matrix solid-phase dispersion combined to liquid chromatography-tandem mass spectrometry. Talanta, 208.
