Estévez Danta, Andrea

Investigador(a) Posdoutoral

Grupo de investigación CHROMCHEM

Dirección: 

Andrea Estévez Danta é Doutora en Química pola USC (2024) e, na actualidade, é investigadora posdoutoral baixo a financiación das axudas de apoio á etapa posdoutoral da Xunta de Galicia (ref. ED431C-2025/21) no grupo de investigación ChromChem.

O seu traballo especializouse ao longo dos anos no desenvolvemento e aplicación de metodoloxías analíticas para a estimación da exposición humana a contaminantes emerxentes (como os plastificantes), drogas de abuso etc., a través da aplicación da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos, o biomonitorización humana e os estudos in vitro de metabolismo humano.

Na actualidade atópase realizando unha estadía de investigación de dous anos na University of Bath (UK), grazas á cal está a adquirir competencias no eido da metaproteómica.

A investigadora publicou 15 artigos e 3 capítulos de libros en prestixiosas revistas científicas. Ademais, adquiriu unha importante experiencia pedagóxica e docente tras ter formado e orientado un estudante de grao e outro de mestrado, ter impartido 210 horas de prácticas de laboratorio e 19 horas de clases expositivas na USC e, actualmente, ser codirectora de dúas teses de doutoramento (unha con sede na USC e outra na University of Bath).

✕

Solicitude de inscripción

Estévez Danta, Andrea

    ✕