Pablo Ángel Meira Cartea

Profesor(a) Titular de Universidade

Grupo de investigación SEPA-interea

Dirección: CC.Educación

Catedrático de Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Coordina o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-Interea) (https://sepa.gal/). A súa labor principal encádrase no ámbito da Educación Ambiental, cunha atención especial aos enfoques pedagóxicos socio-críticos fronte á emerxencia climática. Foi docente en varias titulacións: Ciencias da Educación (1989-1997), Pedagoxía (desde 1997), Educación Social (desde 1994), entre outras. Impártense asignaturas relacionadas coa Educación Ambiental e a Cultura da Sostibilidade, a Socioloxía da Educación e a Pedagoxía Social, ademais de materias de máster e doutoramento vinculadas á educación para a sostibilidade e ás metodoloxías cualitativas aplicadas á investigación educativa en universidades españolas e estranxeiras. Autor ou coautor de máis de 300 publicacións en libros e revistas. Coordina o Proxecto Resclima (www.resclima.info). Premio María Barbeito á Investigación Pedagóxica (2009). Premio José Manuel Esteve ao mellor artigo científico pedagóxico (2021). Investido en 2025 Doutor honoris causa pola Universidade Veracruzana (México). Fundador da Sociedade Galega de Educación Ambiental (2001). Fundador e membro do comité executivo da Rede Lusófona de Educación Ambiental (desde 2005) e da Rede Internacional de Pesquisadores en Educación Ambiental e Xustiza Climática (desde 2016). Membro do Seminario Permanente sobre Educación e Comunicación para o Cambio Climático do Centro Nacional de Educación Ambiental (desde 2004).

Solicitude de inscripción

Pablo Ángel Meira Cartea