Vidal Vázquez, Nicolás

FPU (ip: E. Candal y A. Barreiro)

Grupo de investigación NEURODEVO

Dirección: CIBUS

Nicolás Vidal Vázquez é investigador predoutoral no grupo NEURODEVO. Estudou o Grao en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 2017 e 2021.  Realizou o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) con Eva Candal como titora. No curso 2020-2021 foi beneficiario dunha Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Entre 2021 e 2022 cursou o Máster en Neurociencia na USC, realizando o seu Traballo de Fin de Máster (TFM) baixo a dirección de Eva Candal e Antón Barreiro Iglesias. Desfrutou dunha Bolsa de iniciación á investigación para alumnos de máster da USC entre maio y novembro de 2022.

Desde 2022 é estudante predoutoral no Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica da USC baixo a dirección de Eva Candal e Antón Barreiro Iglesias, sendo beneficiario desde 2022 dunha Axuda para a Formación do Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A súa investigación céntrase na neuroxénese posnatal na retina do melgacho, unha especie de tiburón que, pola súa posición filoxenética e lento desenvolvemento, constitúe un interesante modelo experimental para o estudo da evolución e desenvolvemento do sistema nervioso.

✕

Solicitude de inscripción

Vidal Vázquez, Nicolás

    ✕