Laura graduouse en Bioloxía en 2020 na Universidade de Oviedo. En 2021 completou o Máster en Neurociencias na Universidade de Santiago, incorporándose ao Departamento de Bioloxía Funcional para realizar o seu Traballo de Fin de Máster. Ese mesmo ano iniciou a súa tese en neurociencias baixo a dirección de Antón Barreiro Iglesias e Laura Sánchez Piñón.
O seu traballo céntrase no estudo da neuroxénese e da rexeneración axonal en dous modelos animais: lamprea e peixe cebra, co obxectivo principal de identificar novos fármacos e vías de sinalización que regulen estes procesos. Ata a data, Laura publicou 7 artigos científicos e presentou os seus resultados en varios congresos nacionais e internacionais de neurociencia.
En 2023 foi galardoada cunha beca da EMBO para presentar o seu traballo sobre o papel das prostaglandinas na neuroxénese medular no Congreso Americano de Bioloxía Celular.
