Aguilera Guirao, Antonio
Profesor(a) Titular de Universidade
Dirección: CHUS
Antonio Aguilera é Facultativo Especialista de Área en Microbioloxía e Parasitoloxía Clínica e combinou desde o inicio da súa carreira profesional o traballo asistencial coa investigación científica, centrada no campo da viroloxía dos retrovirus e dos virus hepatotropos.
Nesta liña realizou a súa tese doutoral, concentra a maior parte das súas publicacións científicas, participou como investigador principal ou colaborador en diferentes proxectos de investigación e dirixiu teses de doutoramento.
Formou parte da Rede de Investigación da SIDA (RIS), de diferentes grupos de traballo consolidados, de comités científicos e xuntas directivas de sociedades científicas e actúa como revisor no grupo Elsevier.
Tamén é profesor titular de Universidade no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, onde imparte docencia no Grao en Medicina, e está vinculado ao Servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, do que é responsable.