
Ana Otero Casal
Catedrático/a
Dirección: CIBUS
Ana María Otero Casal é Catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do grupo de investigación DITAPREIN. Realizou a súa tese doutoral na Universidade de Santiago de Compostela sobre Biotecnoloxía de Microorganismos fotosintéticos (1995) e realizou estadías posdoutorais no National Institute for Basic Biology (Okazaki, Xapón, 1996-1997) e na Università degli Studi di Firenze (Italia, 1999-2001).
Publicou máis de 100 traballos incluídos en WOS ou SCOPUS, que recibiron un total de 3.893 citas, cun índice h=37 (Scopus). É ademais autora de 2 libros, 5 capítulos de libro, varios artigos de divulgación e 4 patentes. Dirixiu ou codirixiu 18 teses de doutoramento.
Foi investigadora principal en 9 proxectos de convocatorias europeas (1), nacionais (2), autonómicas (5) e de fundacións privadas (1) desde o ano 2006, ademais de varios contratos de investigación de relevancia con empresas, que suman máis de 1,5 M€.
Foi avaliadora e revisora de proxectos do Programa Europeo SME, Horizonte 2020 e Horizonte Europa de maneira continuada desde 2012 e é membro do Comité Asesor da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora no campo 5. É membro do comité editorial de Algae Research (Elsevier) desde a súa fundación.
A Profesora Otero é experta en técnicas de comunicación científica e imparte cursos de presentacións científicas para estudantes e profesorado universitario.