
Rey Álvarez, Álex
Dirección:
Graduado en Educación Social (Premio Extraordinario 2023/2024 da Xunta de Galicia) e titulado no Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (1º Premio Fin de Mestrado en Educación 2024/2025 do Departamento de Pedagoxía e Didáctica) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa o Programa Interuniversitario de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación nesta mesma universidade. Desenvolve unha liña de investigación, iniciada co Traballo Fin de Grao (TFG) e o Traballo Fin de Mestrado (TFM), sobre as posibilidades das Artes Comunitarias para a teoría e praxe da Educación Social. Esta liña de investigación estase a desenvolver na súa tese de doutoramento, centrada na exploración e análise de experiencias de creación cultural colectiva no contexto autonómico galego, dende a perspectiva da cultura de base e a autoxestión comunitaria.