Paz Castro, Alba

Grupo de investigación BioLinfo

Dirección: 

Alba Paz Castro (ORCID: 0000-0001-6813-7837) é investigadora predoutoral nos grupos BioLinfo e NANOMAG da Universidade de Santiago de Compostela. Graduada en Bioloxía pola USC (2021) e cun Máster en Investigación Biomédica (2022) tamén pola USC, dende 2024 realiza a súa tese doutoral centrada no desenvolvemento de novas terapias baseadas en células CAR-T para o tratamento de tumores sólidos, como os de mama e pulmón. O seu traballo pon o foco no deseño e optimización de novos receptores CAR e en estratexias para mellorar a eficacia destas terapias e superar as barreiras do microambiente tumoral.

Antes de centrarse neste eido, traballou en receptores acoplados a proteína G (GPCRs) e na súa relevancia en procesos neurolóxicos e farmacolóxicos, incluíndo estudos sobre a súa importancia en esquizofrenia.

Ao longo da súa traxectoria asistiu a máis de 10 congresos internacionaise nacionais, onde presentou avances da súa investigación onde nun dos congresos obtivo o primeiro premio ao mellor póster no 2nd Transatlantic ECI GPCR Symposium (2022). Ademais, é autora de artigos publicados en revistas internacionais, incluíndo traballos en Small, British Journal Pharmacology e ChemMedChem.

Líneas de Investigación:

  • Terapias celulares CAR-T aplicadas a tumores sólidos.
  • Deseño, optimización e validación funcional de novos receptores CAR.
  • Estratexias para vencer o microambiente tumoral e aumentar eficacia/persistencia.
✕

Solicitude de inscripción

Paz Castro, Alba

    ✕