ACUIBIOMOL

O Grupo de Bioloxía Molecular e do desenvolvemento en Acuicultura (ACUIBIOMOL) foi fundado polo profesor José Luís Sánchez e está integrado por profesores e investigadores do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.

As súas liñas de investigación principais se centran no estudo de: a Bioquímica e Bioloxía Molecular do ciclo reprodutivo dos moluscos bivalvos, a mellora da produtividade do cultivo dos bivalvos mariños, os mecanismos de eliminación de biotoxinas mariñas e a regulación e do desenvolvemento e da metamorfose nos moluscos bivalvos.

Dirección:

Rua Constantino Candeira 7 – 15782, Santiago de Compostela

Compoñentes
Liñas de investigación
  • Bioquímica e bioloxía molecular do ciclo reprodutivo dos moluscos bivalvos
  • Mellora da productividade dos cultivos dos bivalvos mariños
  • Xenes homeobox e regulación do desenvolvemento e da metamorfose en moluscos bivalvos
Proxectos relevantes
  • "Efecto do cambio climático na dinámica de distribución espaciotemporal de axentes de risco viral na acuicultura. Mecanismos de adaptación ao aumento das temperaturas". Knowledge Generation 2022, proxectos de investigación específicos. Duración: 01.09.2023–31.08.2027 (48 meses).
  • “Bluebiolab. Laboratorio transfronteirizo de biotecnoloxía mariña.” Interreg VA-POCTEP. Duración: 1 de xaneiro de 2018–5 de abril de 2022 (51 meses).
  • “Busca de xenes implicados na eliminación do ácido domoico (toxina amnésica, ASP) en moluscos bivalvos.” Axencia Estatal de Investigación. Proxectos de investigación fundamental non específicos. Duración: 1 de xaneiro de 2013–31 de decembro de 2015 (36 meses).
Publicacións relevantes
✕