Silva Bea, Sergio

FPU (Ana Otero)

Grupo de investigación DITAPREIN

Dirección: CIBUS

Sergio Silva Bea (https://orcid.org/0000-0001-6383-6815) é biólogo e investigador especializado en microbioloxía e biotecnoloxía. Actualmente desenvolve a súa tese doutoral cun contrato FPU na Universidade de Santiago de Compostela, baixo a supervisión das profesoras Ana Otero e Manuel Romero. A súa tese está centrada no estudo do sistema de comunicación bacteriana quorum sensing en cepas multirresistentes de Klebsiella pneumoniae, concretamente na regulación da virulencia e na formación de biopelículas.

Recentemente completou unha estancia de investigación internacional de 5 meses na Queen’s University Belfast, estudando a invasividade bacteriana en macrófagos. A súa traxectoria profesional comezou na Fundación Biomédica Galicia Sur, estudando inicialmente o desenvolvemento dunha vacina contra Neisseria gonorrhoeae empregando bacterias como vehículos antixénicos, e posteriormente centrándose no estudo do modelo de infección por SARS-CoV-2 nunha cohorte de 500 pacientes.

O seu impacto académico e científico evidénciase na autoría de 8 publicacións Q1, a participación en 10 congresos internacionais como ECCMID e Eurobiofilms, máis de 180 horas de docencia universitaria, e o seu dominio de técnicas avanzadas como CRISPR-Cas9, cultivos celulares e microscopía confocal.

✕

Solicitude de inscripción

Silva Bea, Sergio

    ✕