
Lemos Ramos, Manuel
Catedrático/a
Dirección: IA
Profesor universitario con máis de 35 anos de experiencia no estudo dos factores de virulencia de bacterias patóxenas en peixes importantes na acuicultura, e particularmente no estudo dos mecanismos de asimilación do ferro nestes microorganismos. Lidera un grupo de recoñecido prestixio nacional e internacional sobre este tema. Publicou máis de 120 publicacións en revistas internacionais de prestixio e capítulos de libros, e realizou máis de 200 presentacións en congresos nacionais e internacionais.
Actualmente céntrase no desenvolvemento de vacinas de subunidades contra infeccións bacterianas en peixes, baseadas no estudo de diferentes mecanismos de virulencia. Colabora como revisor para diversas revistas internacionais sobre microbioloxía e acuicultura e para axencias de financiamento da investigación. Foi recoñecido por seis sexenios de investigación e sete quinquenios de docencia.