
Presas Basalo, Francisco Xosé
Dirección:
Graduado en Bioloxía pola Universidade de Salamanca. Francisco conta cun Máster en Acuicultura e Xestión de Recursos Mariños pola Wageningen University & Research, cunha dobre especialización en gobernanza mariña e acuicultura. Ademais tamén posúe un Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación, desenvolvida en institucións de España, Países Baixos, Bélxica e Alemaña, reflicte unha visión internacional e interdisciplinar que combina a dimensión científico-técnica co enfoque político, económico e de xestión.
No ámbito da xestión, conta con experiencia profesional na Universidade de Santiago de Compostela e na Wageningen University & Research (WUR). Na WUR, foi redactor do WUR Impact Portfolio, coordinou residencias científico-artísticas e participou na organización de congresos e eventos conmemorativos do centenario da institución. Foi cofundador da iniciativa inLoops Tech de Climate-KIC, vinculada ao desenvolvemento de sistemas acuícolas sostibles, gañando na categoría de mellor plan de negocio e sendo nominado ao Wageningen Young Heroes Award 2018.
No eido científico-técnico, Francisco formou parte da resposta á pandemia da COVID-19 no estado australiano de Nova Gales do Sur como técnico médico de laboratorio, centrado en análises moleculares de variantes do virus e no procesamento de mostras a gran escala. Tamén na Australia, traballou como técnico superior de acuicultura en sistemas de recirculación, participando na produción, control sanitario e execución de proxectos de investigación aplicada para a produción, recuperación e conservación do bacallau do río Murray (Maccullochella peelii).
Conta con publicacións científicas no ámbito da acuaponía, xestión, e divulgación científica. Tamén participou como relator, organizador e revisor en congresos e conferencias europeas de investigación e innovación.