Francisco Javier Salgado Castro

Profesor(a) Titular de Universidade

Grupo de investigación BioLinfo

Dirección: 

Salgado Castro, Francisco Javier. ORCID (0000‑0003‑4738‑215X), Scopus Author ID (7004610023). Licenciado en Bioloxía pola USC (1994) e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola mesma universidade (1999). Realizou estadías de investigación na Universidade de Barcelona (1998) e na Universidade de Lund (Suecia, 2001–2003). Actualmente é Profesor Titular no Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC e co-dirixe o grupo TRIAD (AC20; IDIS). É membro do grupo BioLinfo (GI‑1195; USC) 

A súa produción científica inclúe máis de 40 artigos JCR e numerosas comunicacións a congresos nacionais e internacionais. Segundo Google Scholar, acumula 1.728 citas e presenta un índice H = 21. Nos últimos anos publicou en revistas como Allergy, Frontiers in Immunology, Scientific Reports, Clinical and Translational Allergy, Respiratory Medicine, ou Archivos de Bronconeumología, entre outras. 

Dirixiu cinco teses de doutoramento (dúas internacionais e unha recoñecida con Premio Extraordinario) e actualmente supervisa outra internacional. Foi Investigador Principal en dous proxectos (SEPAR 2016; SEPAR 2020) e participou como investigador colaborador en numerosos proxectos rexionais e nacionais (ISCIII). É coautor dunha patente (ES 2363545 B2, 2012) sobre a identificación e purificación de células T reguladoras humanas. 

Mantén colaboracións estables con grupos da USC, da Universidade do Minho e da Universidade de Lund, así como con empresas farmacéuticas como GSK. Participa activamente na revisión de artigos para revistas internacionais e formou parte de comités editoriais en Archivos de Bronconeumología e Scientific Reports. É membro de SEBBM, SeProt e SEPAR, ademais de integrar diversas redes de investigación competitivas. 

Solicitude de inscripción

Francisco Javier Salgado Castro