Eva Candal Suárez

Catedrático/a

Grupo de investigación NEURODEVO

Dirección: CIBUS

Investigadora posdoutoral (2002–2004) no Instituto de Neurobioloxía A. Fessard (CNRS, Francia; proxecto Embryos against cancer [QLK3-2001-01890], Comisión Europea) para a identificación de novos xenes reguladores do ciclo celular, utilizando o peixe teleósteo medaka como organismo modelo.

Incorporouse ao grupo BRAINSHARK (agora NEURODEVO) da USC como beneficiaria do Programa Isidro Parga Pondal (2005–2010, Xunta de Galicia) para estudar a morfoxénese e a rexionalización do sistema nervioso central de peixes elasmobranquios.

Coordinadora do grupo NEURODEVO desde 2015, consolidado como Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia) desde 2021. Durante este período, a súa investigación centrouse na caracterización de células proxenitoras neurais utilizando como modelo a retina do peixe elasmobranquio Scyliorhinus canicula, e na análise da dinámica transcricional dos nichos neuroxénicos retinianos a resolución unicelular. Optimizáronse análises funcionais na retina de elasmobranquios, contribuíndo ao avance do coñecemento na bioloxía ecolóxica e evolutiva do desenvolvemento (eco-evo-devo) da neuroxénese posnatal en vertebrados.

Nos últimos dez anos (2012–2022), foi coautora de 28 artigos indexados no JCR, 25 deles no primeiro cuartil (Q1) da súa categoría, sendo autora principal en 15 deles. Durante este período foi directora/codirectora de seis teses doutorais, todas con Distinción Europea/Internacional, e participou en sete proxectos nacionais ou autonómicos financiados polo Ministerio de Educación e Tecnoloxía-FEDER e pola Xunta de Galicia, dos cales foi investigadora principal (IP) ou Co-IP en catro.

Solicitude de inscripción

Eva Candal Suárez