Rey Varela, Diego
Dirección:
Diego Rey Varela é Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, especializado no estudo de patoloxías microbianas aplicadas ao sector acuícola. Conta cunha formación transversal tras realizar estadías de investigación no INL (nanosensores) e na Universidade de Aveiro (fagoterapia), ademais de traballar en Quorum Sensing (DITAPREIN) e metaxenómica de bivalvos co Dr. J. Dubert (GIPA-USC).
A súa tese doutoral sobre Aeromonas salmonicida permitiu o desenvolvemento de vacinas de subunidades baseadas en proteínas de membrana, colaborando con empresas como Stolt-Sea Farm na transferencia e validación de estratexias de saúde animal. Completeou unha etapa posdoutoral de dous anos na Universidade de Umeå (Suecia), no laboratorio do Dr. Felipe Cava e financiada pola Wenner-Gren Foundation, investigando a resistencia a metais e a parede celular en Vibrio cholerae e Photobacterium damselae.
Actualmente é investigador posdoutoral na USC dentro do proxecto europeo Cure4Aqua, centrado en validar tecnoloxías punteiras para a detección temperá, prevención e tratamento de enfermidades acuícolas. Os seus intereses científicos inclúen a homeostase bacteriana, a transcriptómica aplicada e o deseño de vacinas de DNA/RNA para mellorar a sanidade en cultivos mariños.