O BiBiCI é un grupo de investigación interdepartamental centrado no estudo da diversidade biolóxica. A preservación da biodiversidade require afondar na nosa comprensión dos procesos fundamentais que rexen a súa xeración e mantemento.
No BiBiCI, inventariamos e cuantificamos a diversidade biolóxica, co obxectivo fundamental de comprender as causas da súa variación a diferentes escalas espaciais, temporais e evolutivas. Os nosos principais grupos de estudo son insectos (tricoptera e coleoptera), moluscos terrestres e diatomeas.

✕