Ambiosol é un grupo interdisciplinar que emprega as ciencias básicas para comprender o medio natural e desenvolver solucións tecnolóxicas sostibles para a recuperación da degradación do solo, a auga e os ecosistemas causada pola minería, a enxeñaría civil, as actividades industriais e outros factores.
As principais liñas de investigación encaixan nas áreas da ciencia do solo, a química ambiental, a bioxeoquímica, a xeomorfoloxía, a economía circular e a tecnoloxía ambiental.

✕