Vila Fajardo, Pablo

FPI (ip: C.R.Osorio & A. Vences)

Grupo de investigación GIPA

Dirección: IA

Graduouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022. Entre 2022 e 2023 cursou o Máster Interuniversitario en Xenómica e Xenética (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo), sendo beneficiario nese mesmo período dunha beca de iniciación á investigación para o desenvolvemento do seu primeiro proxecto, orientado á modelización de infeccións víricas en peixe cebra.

Desde 2024 é estudante predoctoral no Programa de Doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria, cun contrato para persoal investigador predoctoral en formación (FPI). O seu traballo céntrase no estudo xenómico da bacteria Photobacterium damselae subsp. piscicida, unha das especies máis ameazantes para a acuicultura mediterránea, co obxectivo de buscar aplicacións biotecnolóxicas no deseño de métodos de prevención e diagnóstico.

✕

Solicitude de inscripción

Vila Fajardo, Pablo

    ✕