Nieto Fontarigo, Juan José

Profesor(a) Titular de Universidade

Grupo de investigación BioLinfo

Dirección:

Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do grupo BioLinfo (GI-1195) desde 2023. Doutor/a en 2019 con mención Cum Laude, Mención Internacional e Premio Extraordinario de Doutorado (2018/19). Realizou un postdoutorado na Universidade de Lund (Suecia) en Inmunofarmacoloxía Respiratoria (2019–2022), seguido dun contrato Sara Borrell no grupo TRIAD (IDIS). Publicou máis de 25 artigos orixinais en revistas de alto impacto (ERJ, AJRCCM, JACI, Allergy). É Investigador Principal en catro proxectos competitivos, entre eles FENEOS (Xunta de Galicia) sobre enfermidades eosinofílicas crónicas e MAP-AD (ISCIII; PI25/00440; 2026–2028) centrado en dermatitis atópica e prurigo nodular. Mantén colaboracións coa industria farmacéutica (GSK). A súa investigación identificou novos biomarcadores e mecanismos inmunopatoxénicos na asma e nas enfermidades inflamatorias crónicas. Supervisa tres teses doutorais, participa activamente na docencia universitaria e desempeña cargos de liderazgo na ERS como secretario do Grupo 5.03 “Alerxia e Inmunoloxía”. É membro do Comité de Ética de Investigación en Humanos da USC.

✕