Fernández Escribano, José Ángel

Catedrático/a

Grupo de investigación AMBIOSOL

Dirección:

A súa traxectoria científica comezou en 1995 coa obtención dunha bolsa FPU para desenvolver a súa Tese Doutoral, na que introduciu por primeira vez en España a biomonitorización atmosférica mediante musgos terrestres a escala rexional. Tras doutorarse en 1999, iniciou a publicación dos seus resultados e orientou as súas investigacións cara á revisión metodolóxica do emprego de musgos terrestres, abordando aspectos como a variación espacial e temporal das concentracións metálicas, o tratamento e almacenamento óptimo de mostras e a definición de tamaños mostrais, entre outros.

Ao mesmo tempo traballou na selección de biomonitores axeitados para ecosistemas terrestres, costeiros e fluviais. Na actualidade, centra as súas investigacións no uso de macroalgas para monitorizar contaminantes en ecosistemas costeiros de Galicia.

Participou en oito proxectos nacionais, sete autonómicos e un proxecto europeo como investigador principal e coordinador científico, ademais de numerosos contratos con empresas e administracións. A súa produción científica inclúe arredor de 150 artigos en revistas internacionais e unha trintena de comunicacións en congresos, ademais de codirixir nove Teses Doutorais.

✕