Escribano Rodríguez, María del Pilar

FPI (ip: M. Lemos & B. Magariños)

Grupo de investigación GIPA

Dirección: IA

M. Pilar Escribano Rodríguez graduouse en Bioloxía pola Universidade Rey Juan Carlos (Madrid) e completou en 2018 o Máster en Ciencias do Mar e Recursos Mariños no ICBAS (Universidade do Porto), así como un Posgrao en Xestión da Calidade e Seguridade no sector agroalimentario na Universitat de València. Durante o máster realizou unha estadía no Grupo Aquatic Animal Health (CIIMAR) e un Erasmus+ no grupo de Acuicultura e Recursos Mariños (IFAPA El Toruño, Cádiz).

Traballou como investigadora no Laboratorio Marefoz (grupo MARE, Portugal) e actualmente desenvolve o seu doutoramento con contrato FPI no Grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura (GIPA), centrado no estudo dos factores de virulencia do patóxeno de peixes Tenacibaculum maritimum para o desenvolvemento de novas formulacións vacinais.

✕

Solicitude de inscripción

Escribano Rodríguez, María del Pilar

    ✕