
García Vinuesa, Antonio
Profesor(a) Axudante Doutor(a)
Dirección: CC.Educación
Antonio García Vinuesa é Profesor Axudante Doutor na área de Pedagoxía e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación SEPA-interea. Doutor en Educación (USC), a súa formación básica é multidisciplinar: Enxeñeiro Técnico en Telecomunicacións (UCLM), divulgador científico no Museo de Ciencias de Castilla-La Mancha e Mestre de Educación Primaria (USC).
A súa traxectoria investigadora céntrase na Educación Ambiental, en particular, nas respostas educativas e sociais ao cambio climático. Esta liña de investigación nace dos seus intereses persoais en temas socioambientais e da súa vinculación co proxecto Resclima, consolidado mediante catro proxectos competitivos de I+D+i, nos que participou desde os seus inicios no ámbito investigador como estudante do máster de investigación en educación ata a actualidade.