
Pazos Castelos, Antonio
Profesor(a) Titular de Universidade
Dirección: IA
Antonio J. Pazos é membro do Grupo de Bioloxía Molecular e do Desenvolvemento en Acuicultura (Acuibiomol) con máis de 30 anos de experiencia en acuicultura de moluscos bivalvos.
Profesor titular desde 2010, ocupou anteriormente postos como bolseiro FPI (1990-1993), bolseiro posdoutoral (Bolsa posdoutoral Marie Curie da UE 1996-1998), axudante de ensino (2000-2003), profesor interino (2003-2005) e profesor doutor (2005-2010). É beneficiario do programa I3 (Programa para fomentar a incorporación e intensificación da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia, 2006). É autor de 38 publicacións e participou en 19 proxectos e convenios (europeos, nacionais e rexionais).
Os principais intereses de investigación son a mellora da produción de moluscos bivalvos (condicionamento parental, indución de fixación e metamorfose, e caracterización de xenes implicados no desenvolvemento), o estudo dos mecanismos de eliminación de biotoxinas mariñas e a aplicación da bioloxía molecular e as tecnoloxías ómicas (principalmente transcriptómica) á acuicultura.