Lodeiros Seijo, César

Grupo de investigación SISMOL

Dirección: 

César Lodeiros é persoal en réxime especial da Universidade de Santiago de Compostela a través do programa ATRAE (Investigador Distinguido), mantendo a súa vinculación como Profesor Titular xubilado-activo do Instituto Oceanográfico de Venezuela da Universidade de Oriente-UDO, Venezuela, e Profesor Titular Adxunto da Facultade de Acuicultura e Ciencias do Mar da Universidade Técnica de Manabí, Ecuador. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (España), M. Sc. en Ciencias Mariñas pola UDO, Venezuela, e Ph. D. en Ecoloxía Aplicada pola Universidade Laval, Canadá.

Ocupou varios cargos académicos, entre eles coordinador científico e Vicerreitor de investigación da UDO. Conta con máis de 300 publicacións científicas, incluíndo artigos, libros e capítulos de libros técnicos, particularmente sobre o desenvolvemento da acuicultura en Iberoamérica. Desempeña funcións como editor das revistas AquaTechnica, Latin American Journal of Aquatic Research e SABER, e é membro do comité editorial de varias revistas científicas. É Coordinador Xeral do Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e da Acuicultura, que leva 13 edicións. Foi merecedor de varias distincións, entre elas o Premio Fundación Empresas Polar en 2011 (Venezuela) e o Premio Interciencia 2013 en Biodiversidade e Ecoloxía, outorgado pola Federación das Asociacións para o Avance da Ciencia das Américas.

✕

Solicitude de inscripción

Lodeiros Seijo, César

    ✕