
González Sequeiros, Mafalda
Doctorando(a) (Isabel Bandín & Sandra Souto)
Dirección: IAQBUS
Mafalda González Sequeiros é investigadora predoctoral no Grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura (GIPA). Graduouse en Biotecnoloxía en 2024 pola Universidade de Santiago de Compostela e, durante o curso académico 2024-2025, realizou o Máster en Xenómica e Xenética na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo, período no que contou cunha beca de colaboración no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC.
Desde 2025, Mafalda desenvolve a súa tese doutoral no Programa de Doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria cun contrato da convocatoria Formación de Profesorado Universitario 2024. O seu traballo céntrase no estudo de mecanismos adaptativos do virus da necrose nerviosa (un importante patóxeno na produción acuícola mediterránea) fronte ao incremento da temperatura ambiental debido ao cambio climático, con especial énfase na detección de marcadores moleculares.