Instituto de Investigación do Medio Acuático para Unha Saúde Global

No iARCUS investigamos o medio acuático dende unha visión holística

Os investigadores do iARCUS aportan unha diversidade de capacidades científico-técnicas e de coñecemento que lles permite abordar a investigación do medio acuático –natural e na acuicultura– dende unha visión holística, o que xustifica a nosa aproximación científica en tecnolóxica como Aquatic One Health.

A patoloxía de animais acuáticos, prevención e control, epidemioloxía, biotecnoloxía, xenómica e aproveitamento de recursos, mellora do crecemento e reprodución, calidade, trazabilidadee seguridade alimentaria, seguimento e vixilancia da contaminación química, modelos animais de aplicación en biomedicina, así como a nosa experiencia no ámbito da pedagoxía e a cooperación social, da educación ambiental e da transferencia de coñecemento, son algunhas das capacidades que nos permiten defender o noso posicionamento.

Contamos cunha ampla oferta de servizos tecnolóxicos orientados á sanidade na acuicultura, a seguridade alimentaria e a contaminación do medio acuático

Tamén ofrecemos ou colaboramos na oferta de outros servizos de biotecnoloxía

Diagnóstico
Prevención e control
Patoloxía veterinaria
Xenética e xenómica

Investigación que marca a diferenza

A produtividade da iARCUS queda amosada nos máis de 300 proxectos de investigación e contratos con empresas nos últimos 5 anos, así como as máis de 400 publicacións en revistas JCR con elevados índices de impacto.

Os grupos que o compoñen abarcan aspectos de I+D relacionados coa Biotecnoloxía en Acuicultura, incluída a Xenética, a Microbioloxía, a Patoloxía, a Inmunoloxía, a Fisioloxía e a Bioquímica, aplicados ás dúas áreas principais da acuicultura (a piscicultura e o cultivo de invertebrados, moluscos e crustáceos), pero tamen o medio acuático en xeral, a análise química da contaminación, a seguridade alimentaria ou a educación ambiental, entre outras.