Moreira Martínez, Ramón

Catedrático/a

Grupo de investigación TIBD

Dirección:

Ramón Felipe Moreira Martínez (código ORCID 0000-0002-6388-0063) é catedrático da área de Enxeñaría Química desde o ano 2023. Coordinador do grupo de investigación GI-1618 (Tecnoloxías para o Desenvolvemento de Bioproductos Industriais) desde 2013. Participou en 24 proxectos de investigación e 10 contratos con empresas. Coautor de máis de 140 artigos científicos e de 200 contribucións a congresos nacionais e internacionais. Codirector de 6 Teses Doutorais e máis de 120 TFMs e TFGs. Editor asociado de tres revistas do JCR nas áreas de enxeñaría química e tecnoloxía de alimentos.

Liñas de investigación:

  • Reoloxía de sistemas biolóxicos.

  • Caracterización física e funcional de bioproductos frescos e deshidratados.

  • Modelización cinética e termodinámica de procesos de secado.

✕